Saturday 27 de April de 2024

As formacións “Caldo” e “Tesouro” actuarán este sábado na cuarta edición do programa Noites á fresca


Dúas agrupacións musicais, “Caldo” e “Tesouro”, actuarán este sábado, día 9, nas inmediacións do magnolio de Xuvia
no marco do programa Noites á fresca. Así o recordou a concelleira de Festas, Mar Gómez, que indicou que a convocatoria é “unha das citas festivas xa consolidadas no calendario de eventos desta cidade, ofrecendo nesta ocasións dúas propostas musicais e un espectáculo lumínico nun espazo dos máis representativos da cidade, nunha zona de paso do Camiño Inglés e xunto ao magnolio centenario de Xuvia”. Os concertos, apuntou son con entrada de balde.
A formación Caldo intégrana María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra), un trío centrado na música tradicional e con contextos sonoros contemporáneos a través dos instrumentos. A actuación deste grupo dará comezo ás 22.30 horas. “Lugar A Ponte” é o título do segundo álbum da formación, do que se poderán escoitar en directo os seus temas neste concerto.
A continuación, sobre as 23.45 horas actuará a formación Tesouro, integrada por Carlos Rego (vocalista e guitarrista), Daniel Alonso (baixista) e Aser Álvarez (batería). A formación presentará tamén no ciclo Noites á fresca o seu novo proxecto, que se presenta como moi conmovedor.